martes, 12 de maio de 2020

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E TELEENSINO

A inclusión educativa é a norma do noso sistema educativo, por tanto asúmese que todo alumnado, independentemente das súas necesidades, ten dereito a recibir unha educación de calidade, personalizada e tendo en conta a súa individualidade.

Durante este período de teleensino debemos continuar con este labor de educar desde unha perspectiva inclusiva e atender á diversidade, para o cal hoxe comparto algúns recursos dos moitos que compañeiras e compañeiros están tendo a amabilidade de compartir.

No portal de Educación do Gobierno de La Rioja, podemos atopar unhas orientacións familiares para pais e nais de alumnos/as con necesidades educativas especiais.
Neste documento podemos atopar pautas para transmitir a información sobre a situación de pandemia, para establecer horarios, xogos e recursos de axuda.
Preme na seguinte imaxe para visualizar o documento.



No blogue de Antonio Márquez, o mais que recomendable si es por el maestro nunca aprendo atopamos unha recente  entrada titulada Tareas accesibles y tecnológicas en tiempos de coronavirus, á que podedes acceder directamente premendo AQUÍ.

Esta entrada debe servirnos de reflexión, en especial ó colectivo docente, das barreiras que sen querer prodúcense ó deseñar tarefas, e que poden ser a motivo de falta de participación, motivación... Estas barreiras evidencianse mais no caso do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, pois recordemos que as necesidades educativas deste alumnado abranguen en ocasións un contexto mais amplo que ás dificultades de acceso ó currículo. 
As dificultades para a autorregulación persoal, o acceso ás TICs, a falta de instrucción directa e de modelado que este alumnado precisa está a afondar mais na fenda que xa de por si está a causar esta situación.
Por iso temos que facer un exercicio de sensibilidade entre estándar e estándar, informe e programación e poñernos nos zapatos de quen pode parecer que non quere, pero que non sabe como facelo.

Neste eido, compartir este outro documento de gran utilidade, pois sintetiza as principais pautas de lectura fácil adaptándoas a esta nova modalidade de teleensino na que nos estamos a desenvolver
(premer na imaxe para ampliar)




Ningún comentario:

Publicar un comentario