venres, 3 de xullo de 2020

TÍTULO BÁSICO DE COCIÑA

Bo día!
Aínda que xa estamos de vacacións, no día de hoxe queremos compartir con vós información sobre o Ciclo de Formación Profesional Básica de Cociña, que se oferta no IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia.
Preme nas imaxes para acceder ós documentos.


Podedes atopar mais infromación sobre as ensinanzas de FP Básica no blogue de ORIENTACIÓN ANTELA

xoves, 25 de xuño de 2020

ADMISIÓN E OFERTA EN CICLOS FORMATIVOS CURSO 2020-21

A Consellería de Educación publicou onte o anuncio do inicio do proceso de admisión a ciclos de Formación Profesional para o curso 2020-21.

En primeiro lugar, hai que ter en conta co calendario que se publicou o venres pasado, onde se especifican os prazos do proceso, e que podedes consultar na imaxe inferior (pinchar na imaxe para ampliala)
Por outra banda, é necesario coñecer a oferta de ciclos, que podedes consultar PREMENDO AQUÍ

Finalmente consultade a información relativa ao proceso de admisión NO PORTAL DE FP DA CONSELLERÍA (neste caso esta ligazón é a relativa a ciclos de Grao Medio) e gardade en favoritos a seguinte ligazón:
ADMISIÓN CURSO 2020/21

Nela atoparemos:

  • Instruccións para realizar a solicitude web
  • Vídeo titorial para crear unha solicitude de admisión a través do asistente informático (abaixo)


Mais información:

mércores, 17 de xuño de 2020

PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES


Publicada a convocatoria de prazas en centros Residenciais Docentes para cursar estudos postobrigatorios non universitarios durante o cursos 2020/21


  • Requisitos
    • Estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios (bacharelato ou FP) no curso 2020/21
    • Non repetir curso, ou non ter abandoado dúas veces os estudos iniciados no caso de cambio de estudos
    • Non ter sido/a expulsado/a anteriormente dun Centro Residencial Docente no curso anterior
    • Estar matriculado/a nuns estudos (centros de titularidade pública) que non se impartan na localidade de residencia, ou que non se imparta nunha localidade próxima que permita desprazarse con facilidade 

  • Prazo de presentación de solicitudes
    • Convocatoria ordinaria:
      • Para cursar Bacharelato: ata o 10 de xullo
        • Listaxes provisionais: 28 de agosto
        • Listaxes definitivas: 14 de setembro
      • Para cursar Ciclos Formativos de Formación Profesional: ata o 3 de agosto
    • Convocatoria extraordinaria: do 15 ao 22 de setembro, sempre que existan prazas vacantes
      • Listaxes provisionais: 29 de setembro
      • Listaxes definitivas: 8 de outubro
    • Consultar as listaxes de admitidos/excluídos no Portal da Consellería e nos taboleiros dos CDR

  • Criterios de baremo (consultar Capítulo III da convocatoria)
    • Socioeconómicos
    • De rendemento académico

  • Acceso a prazas bonificadas e gratuítas: Poderán optar a prazas bonificadas (desde o 10% do prezo) e gratuítas en función de criterios coma os niveis de renda familiar, ou situacións de tutela que poden ser consultados no Capítulo II da convocatoria (ver ligazón mais abaixo)

  • Solicitudes:
    • Preferentemente por vía electrónica
    • Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común.


Consulta mais información nas seguintes ligazóns:

luns, 18 de maio de 2020

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE LA VOZ DE GALICIA

Onte o periódico La Voz de Galicia publicaba a nova Guía de estudos superiores de Galicia, que podedes consultar tamén aquí, premendo na imaxe.

Recordade que no padlet de orientación tamén podedes acceder ó buscador de estudos elaborado a partir desta guía, na sección de buscadores.

Enlace á noticia completa.

martes, 12 de maio de 2020

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E TELEENSINO

A inclusión educativa é a norma do noso sistema educativo, por tanto asúmese que todo alumnado, independentemente das súas necesidades, ten dereito a recibir unha educación de calidade, personalizada e tendo en conta a súa individualidade.

Durante este período de teleensino debemos continuar con este labor de educar desde unha perspectiva inclusiva e atender á diversidade, para o cal hoxe comparto algúns recursos dos moitos que compañeiras e compañeiros están tendo a amabilidade de compartir.

No portal de Educación do Gobierno de La Rioja, podemos atopar unhas orientacións familiares para pais e nais de alumnos/as con necesidades educativas especiais.
Neste documento podemos atopar pautas para transmitir a información sobre a situación de pandemia, para establecer horarios, xogos e recursos de axuda.
Preme na seguinte imaxe para visualizar o documento.



No blogue de Antonio Márquez, o mais que recomendable si es por el maestro nunca aprendo atopamos unha recente  entrada titulada Tareas accesibles y tecnológicas en tiempos de coronavirus, á que podedes acceder directamente premendo AQUÍ.

Esta entrada debe servirnos de reflexión, en especial ó colectivo docente, das barreiras que sen querer prodúcense ó deseñar tarefas, e que poden ser a motivo de falta de participación, motivación... Estas barreiras evidencianse mais no caso do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, pois recordemos que as necesidades educativas deste alumnado abranguen en ocasións un contexto mais amplo que ás dificultades de acceso ó currículo. 
As dificultades para a autorregulación persoal, o acceso ás TICs, a falta de instrucción directa e de modelado que este alumnado precisa está a afondar mais na fenda que xa de por si está a causar esta situación.
Por iso temos que facer un exercicio de sensibilidade entre estándar e estándar, informe e programación e poñernos nos zapatos de quen pode parecer que non quere, pero que non sabe como facelo.

Neste eido, compartir este outro documento de gran utilidade, pois sintetiza as principais pautas de lectura fácil adaptándoas a esta nova modalidade de teleensino na que nos estamos a desenvolver
(premer na imaxe para ampliar)




mércores, 6 de maio de 2020

NOVIDADES NAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

Onte o portal da Consellería de Educación publicaba a nova oferta de Graos Universitarios para o curso 2020/21, ademais de ofertar voz vez primeria tres Graos abertos.

Os novos Graos que se ofertan partir do vindeiro curso son as seguintes:

  • Empresa e Tecnoloxía, na Universidade de Santaigo de Compostela, Campus de Lugo
  • Bioquímica, no mesmo Campus
  • Nanociencia e Nanotecnoloxías, na Universidade da Coruña

Por outra banda, amplíase a oferta de dobles Graos, introducindo os seguintes, todos eles na Universidade de Vigo:
  • ADE e Enxeñería Informática, no Campus de Ourense
  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, no Campus de Vigo
  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica, tamén no Campus de Vigo

Con respecto ós Graos Abertos, estos consisten nunha nova iniciativa na que os/as estudantes poden cursar o primeiro curso escollendo materias de diferentes Graos, para así facerse unha mellor idea no caso daquelas persoas que dubiden entre varias titulacións, puidendo mais adiante decidir por cal optan finalmente.
Tendes mais información sobre os Graos Abertos nesta entrada do blogue de Mónica Diz

Os primeiros Graos que se incorporan a esta nova modalidade son:
  • Ciencias Sociais e Xurídicas, na Universidade da Coruña
  • Enxeñería Industrial, na Universidade da Coruña, Campus de Ferrol
  • Enxeñerías, na Universidade de santiago de Compostela, Campus de Lugo

venres, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Onte, 23 de Abril, conmemorouse o Día Internacional do Libro.
A UNESCO escolleu esta data simbólica para fomentar a lectura porque ese día faleceron figuras da literatura universal da talla de Cervantes ou Shakespeare, entre outros e outras.
Desde este blogue animámosvos a disfrutar dun bo libro (ou regular, ou malo, danos igual!) e para iso ímonos axudar dos recursos que están compartindo compañeiras e compañeiros nos seus blogues.


  • Silvia é orientadora no CPI Domingo Fontán de Portas, e no seu blogue Orientando. Coeducando explícanos como acceder ás Bibliotecas Públicas. Tes toda a información nesta entrada.
  • Nuria, a orientadora do IES Antón Alonso Ríos compartiu un listado de lecturas nas que as e os protagonistas teñen algún tipo de diversidade fucional. Preme aquí para botarle un ollo ó listado
  • No blogue Iguala-T no Chivi-T Lucía, orientadora no IES Taboada Chivite, deixounos unha morea de libros e lecturas pola Igualdade
  • Non podemos deixar de mencionar o blogue de Israel, un dos nosos profes de Lengua e Literatura, que nos agasalla con fermosos microrrelatos no seu blogue israELprofedelengua

Por outra banda, temos tamén publicadas diferentes guías de lecturas publicadas por Institucións, como:
  • A Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade
  • A Guía de Lectura LGTBI do Instituto da Muller de Castilla La Mancha