luns, 18 de maio de 2020

GUÍA DE ESTUDOS SUPERIORES DE LA VOZ DE GALICIA

Onte o periódico La Voz de Galicia publicaba a nova Guía de estudos superiores de Galicia, que podedes consultar tamén aquí, premendo na imaxe.

Recordade que no padlet de orientación tamén podedes acceder ó buscador de estudos elaborado a partir desta guía, na sección de buscadores.

Enlace á noticia completa.

martes, 12 de maio de 2020

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E TELEENSINO

A inclusión educativa é a norma do noso sistema educativo, por tanto asúmese que todo alumnado, independentemente das súas necesidades, ten dereito a recibir unha educación de calidade, personalizada e tendo en conta a súa individualidade.

Durante este período de teleensino debemos continuar con este labor de educar desde unha perspectiva inclusiva e atender á diversidade, para o cal hoxe comparto algúns recursos dos moitos que compañeiras e compañeiros están tendo a amabilidade de compartir.

No portal de Educación do Gobierno de La Rioja, podemos atopar unhas orientacións familiares para pais e nais de alumnos/as con necesidades educativas especiais.
Neste documento podemos atopar pautas para transmitir a información sobre a situación de pandemia, para establecer horarios, xogos e recursos de axuda.
Preme na seguinte imaxe para visualizar o documento.



No blogue de Antonio Márquez, o mais que recomendable si es por el maestro nunca aprendo atopamos unha recente  entrada titulada Tareas accesibles y tecnológicas en tiempos de coronavirus, á que podedes acceder directamente premendo AQUÍ.

Esta entrada debe servirnos de reflexión, en especial ó colectivo docente, das barreiras que sen querer prodúcense ó deseñar tarefas, e que poden ser a motivo de falta de participación, motivación... Estas barreiras evidencianse mais no caso do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, pois recordemos que as necesidades educativas deste alumnado abranguen en ocasións un contexto mais amplo que ás dificultades de acceso ó currículo. 
As dificultades para a autorregulación persoal, o acceso ás TICs, a falta de instrucción directa e de modelado que este alumnado precisa está a afondar mais na fenda que xa de por si está a causar esta situación.
Por iso temos que facer un exercicio de sensibilidade entre estándar e estándar, informe e programación e poñernos nos zapatos de quen pode parecer que non quere, pero que non sabe como facelo.

Neste eido, compartir este outro documento de gran utilidade, pois sintetiza as principais pautas de lectura fácil adaptándoas a esta nova modalidade de teleensino na que nos estamos a desenvolver
(premer na imaxe para ampliar)




mércores, 6 de maio de 2020

NOVIDADES NAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

Onte o portal da Consellería de Educación publicaba a nova oferta de Graos Universitarios para o curso 2020/21, ademais de ofertar voz vez primeria tres Graos abertos.

Os novos Graos que se ofertan partir do vindeiro curso son as seguintes:

  • Empresa e Tecnoloxía, na Universidade de Santaigo de Compostela, Campus de Lugo
  • Bioquímica, no mesmo Campus
  • Nanociencia e Nanotecnoloxías, na Universidade da Coruña

Por outra banda, amplíase a oferta de dobles Graos, introducindo os seguintes, todos eles na Universidade de Vigo:
  • ADE e Enxeñería Informática, no Campus de Ourense
  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, no Campus de Vigo
  • Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica, tamén no Campus de Vigo

Con respecto ós Graos Abertos, estos consisten nunha nova iniciativa na que os/as estudantes poden cursar o primeiro curso escollendo materias de diferentes Graos, para así facerse unha mellor idea no caso daquelas persoas que dubiden entre varias titulacións, puidendo mais adiante decidir por cal optan finalmente.
Tendes mais información sobre os Graos Abertos nesta entrada do blogue de Mónica Diz

Os primeiros Graos que se incorporan a esta nova modalidade son:
  • Ciencias Sociais e Xurídicas, na Universidade da Coruña
  • Enxeñería Industrial, na Universidade da Coruña, Campus de Ferrol
  • Enxeñerías, na Universidade de santiago de Compostela, Campus de Lugo