xoves, 26 de marzo de 2020

RECURSOS DE AXUDA

Déixovos novos recursos que vou atopando na rede, gracias a entidades e blogues doutr@s orientador@s.

Nunha entrada anterior compartía as pautas do Colexio de Psicólogos de Madrid. Agora traio as recomendacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, que podedes ler premendo na imaxe.


Tendes outros recursos de moita utilidade aquí, destacando o caderno "Retrincos de cores" para trabalhar con menos mais pequenos a través do debuxo.


Por outra banda, destacar dúas iniciativas marabillosas que nos amosan que en tempos de dificultade as persoas poden sacar o mellor de sí:


  • "Mocidade contra o virus": desde Xuventude Galicia están recopilando iniciativas de axuda, como a dos universitarios que se ofrecen a axudar ao alumnado de ESO e primaria cos seus estudos, ou outras iniciativas de colaboración cidadá e veciñal. Aconséllovos ir consultando porque van actualizando con novas iniciativas. Preme aquí para coñecelas.

  • Teléfono Social: desde Voluntariado Galego puxeron o teléfono do voluntariado social como un recurso de axuda para esta situación. Se clicas nesta ligazón podes acceder a mais información

luns, 23 de marzo de 2020

PRAZOS DE INSCRICIÓN


O día de hoxe adicámolo a respostar unha dúbida que de seguro moitos e moitas están a ter... que pasa cos prazos de inscrición en centros, probas ou actividades que comezaran antes das medidas de confinamento?

Pois ante todo transmitirvos tranquilidade, porque todos estes prazos están automáticamente interrompidos e reaunadaranse cando remate o estado de alarma.

A medida que a Consellería facilite información irémola publicando na sección de Novas e Avisos.

Ata entón, deixo información sobre as convocatorias afectadas por esta interrupción:


    Solicitude de admisión en centros (só para alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito ó seu)

    Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras


    Participación en actividades formativas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e matemáticas) en lingua inglesa

    Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores de Formación Profesional (só para persoas previamente inscritas e admitidas nas listaxes definitivas)

    A data de celebración de proba está interrompida


PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AO PORTAL CORRESPONDENTE





Normativa consultada:


  • Real Decreto 462/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19
    • Disposición adicional terceira. Suspensión de plazos administrativos VER MAIS

  • Instruccións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020
    • Punto 1. Proceso de admisión (amplíase este plazo do 20 de marzo á semana posterior do reinicio das clases) VER MAIS



mércores, 18 de marzo de 2020

CONSELLOS DE CARA Ó CONFINAMENTO

Bo día!

No día de hoxe comparto con vos esta infografía que fixemos con consellos para soportar estes días de confinamento o mellor posible.

Preme na imaxe para vela a tamaño completo 


Recomendo tamén visitar este comunicado do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, que contén recomendacións para toda a poboación para afrontar o malestar psicolóxico.


martes, 17 de marzo de 2020

luns, 16 de marzo de 2020

APLICACIÓN DE ORIENTACIÓN orientaline

Comezamos a nosa andadura pola blogosfera cun recurso para a orientación académica e vocacional, a aplicación orientaline.

Con ela poderedes revisar toda a información respecto das distintas ensinanzas (Formación Profesional, Bacharelato, Graos Universitarios...), así como facer cuestionarios de orientación para aqueles e aquelas que anda non o teñen claro.

Podedes facer tantos cuestionarios como queirades.

preme aquí para acceder

Próximamente iremos subindo ó blog as presentacións que o Departamento de Orientación foi explicando nas sesión de titoría sobre as distintas ensinanzas postobrigatorias, pero se tes dúbidas mais concretas podes escribir a orientacioniescdb@gmail.com

Un saúdo e coidádevos moito.