venres, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Onte, 23 de Abril, conmemorouse o Día Internacional do Libro.
A UNESCO escolleu esta data simbólica para fomentar a lectura porque ese día faleceron figuras da literatura universal da talla de Cervantes ou Shakespeare, entre outros e outras.
Desde este blogue animámosvos a disfrutar dun bo libro (ou regular, ou malo, danos igual!) e para iso ímonos axudar dos recursos que están compartindo compañeiras e compañeiros nos seus blogues.


  • Silvia é orientadora no CPI Domingo Fontán de Portas, e no seu blogue Orientando. Coeducando explícanos como acceder ás Bibliotecas Públicas. Tes toda a información nesta entrada.
  • Nuria, a orientadora do IES Antón Alonso Ríos compartiu un listado de lecturas nas que as e os protagonistas teñen algún tipo de diversidade fucional. Preme aquí para botarle un ollo ó listado
  • No blogue Iguala-T no Chivi-T Lucía, orientadora no IES Taboada Chivite, deixounos unha morea de libros e lecturas pola Igualdade
  • Non podemos deixar de mencionar o blogue de Israel, un dos nosos profes de Lengua e Literatura, que nos agasalla con fermosos microrrelatos no seu blogue israELprofedelengua

Por outra banda, temos tamén publicadas diferentes guías de lecturas publicadas por Institucións, como:
  • A Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para a Igualdade da Secretaría Xeral de Igualdade
  • A Guía de Lectura LGTBI do Instituto da Muller de Castilla La Mancha

martes, 21 de abril de 2020

REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"

A revista "Entre estudiantes" ofrece de maneira gratuita e en aberto o seu número de abril para que todos e todas podades consultar os seus contidos desde casa.
Podedes visualizar a revista premendo na imaxe, e descargala, se así o preferides.

xoves, 16 de abril de 2020

HUMOR EN TEMPOS DE INCERTIDUME

Onte tivo lugar a Conferencia Sectorial de Educación, na cal o Ministerio acordou a promoción xeral do curso, entre outras medidas que podes consultar aquí.

Con todo, todavía temos que esperar a que a Consellería de Educación dicte unhas instruccións mais precisas.

Mentres tanto, nós seguiremos vencendo esta situación como mellor podamos, e coa axuda do humor moito mellor.


mércores, 1 de abril de 2020

CADERNOS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Xa tendes dispoñible na Aula Virtual, na sección de Orientación Académica os cadernos de orientación con información adaptada a cada curso, para 1º, 2º e 3º da ESO.
Recordade que os de 4º curso xa contabades coas presentacións coas que estivemos traballando en titoría, con información mais pormenorizada.

Ó longo do día tamén se irán subindo á páxina web do Instituto.

Nestes días que estamos na casa é probable que por momentos perdades a motivación e non teñades ganas de seguir facendo as tarefas escolares.
É completamente normal e responde á dificultade da situación que estamos a vivir, pero eu quero animarvos a que continuedes traballando un tempo cada día porque a perseverancia é unha das cualidades mais importantes para conseguir ser as persoas que queremos.

Agora para que botedes unhas risas pégovos unha curta para que vos poñades cada vez que vos pase pola cabeza a idea de "estudar non vale para nada" ou aquelo de "para que me vai servir esto?"
Se deixamos de estudar podemos convertirnos en mozos e mozas coma estas...