Comezamos a nosa andadura pola blogosfera cun recurso para a orientación académica e vocacional, a aplicación orientaline.
Con ela poderedes revisar toda a información respecto das distintas ensinanzas (Formación Profesional, Bacharelato, Graos Universitarios...), así como facer cuestionarios de orientación para aqueles e aquelas que anda non o teñen claro.
Podedes facer tantos cuestionarios como queirades.
preme aquí para acceder
Próximamente iremos subindo ó blog as presentacións que o Departamento de Orientación foi explicando nas sesión de titoría sobre as distintas ensinanzas postobrigatorias, pero se tes dúbidas mais concretas podes escribir a orientacioniescdb@gmail.com
Un saúdo e coidádevos moito.
Benvid@s ó blog do Departamento de Orientación do IES Castro de Baronceli. Un espazo de información e recursos para a comunidade educativa.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Neste espazo iremos colgando información e recursos que esperamos sexa de utilidade para alumnado, familias e profes.
-
Publicada a convocatoria de prazas en centros Residenciais Docentes para cursar estudos postobrigatorios non universitarios durante o cur...
-
Onte, 23 de Abril, conmemorouse o Día Internacional do Libro. A UNESCO escolleu esta data simbólica para fomentar a lectura porque ese día ...

Ningún comentario:
Publicar un comentario