A revista "Entre estudiantes" ofrece de maneira gratuita e en aberto o seu número de abril para que todos e todas podades consultar os seus contidos desde casa.
Podedes visualizar a revista premendo na imaxe, e descargala, se así o preferides.
Benvid@s ó blog do Departamento de Orientación do IES Castro de Baronceli. Un espazo de información e recursos para a comunidade educativa.
martes, 21 de abril de 2020
xoves, 16 de abril de 2020
HUMOR EN TEMPOS DE INCERTIDUME
Onte tivo lugar a Conferencia Sectorial de Educación, na cal o Ministerio acordou a promoción xeral do curso, entre outras medidas que podes consultar aquí.
Con todo, todavía temos que esperar a que a Consellería de Educación dicte unhas instruccións mais precisas.
Mentres tanto, nós seguiremos vencendo esta situación como mellor podamos, e coa axuda do humor moito mellor.
mércores, 1 de abril de 2020
CADERNOS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA
Xa tendes dispoñible na Aula Virtual, na sección de Orientación Académica os cadernos de orientación con información adaptada a cada curso, para 1º, 2º e 3º da ESO.
Recordade que os de 4º curso xa contabades coas presentacións coas que estivemos traballando en titoría, con información mais pormenorizada.
Ó longo do día tamén se irán subindo á páxina web do Instituto.
Nestes días que estamos na casa é probable que por momentos perdades a motivación e non teñades ganas de seguir facendo as tarefas escolares.
É completamente normal e responde á dificultade da situación que estamos a vivir, pero eu quero animarvos a que continuedes traballando un tempo cada día porque a perseverancia é unha das cualidades mais importantes para conseguir ser as persoas que queremos.
Agora para que botedes unhas risas pégovos unha curta para que vos poñades cada vez que vos pase pola cabeza a idea de "estudar non vale para nada" ou aquelo de "para que me vai servir esto?"
Se deixamos de estudar podemos convertirnos en mozos e mozas coma estas...

xoves, 26 de marzo de 2020
RECURSOS DE AXUDA
Déixovos novos recursos que vou atopando na rede, gracias a entidades e blogues doutr@s orientador@s.
Nunha entrada anterior compartía as pautas do Colexio de Psicólogos de Madrid. Agora traio as recomendacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, que podedes ler premendo na imaxe.
Tendes outros recursos de moita utilidade aquí, destacando o caderno "Retrincos de cores" para trabalhar con menos mais pequenos a través do debuxo.
Por outra banda, destacar dúas iniciativas marabillosas que nos amosan que en tempos de dificultade as persoas poden sacar o mellor de sí:
- "Mocidade contra o virus": desde Xuventude Galicia están recopilando iniciativas de axuda, como a dos universitarios que se ofrecen a axudar ao alumnado de ESO e primaria cos seus estudos, ou outras iniciativas de colaboración cidadá e veciñal. Aconséllovos ir consultando porque van actualizando con novas iniciativas. Preme aquí para coñecelas.
- Teléfono Social: desde Voluntariado Galego puxeron o teléfono do voluntariado social como un recurso de axuda para esta situación. Se clicas nesta ligazón podes acceder a mais información
luns, 23 de marzo de 2020
PRAZOS DE INSCRICIÓN
O día de hoxe adicámolo a respostar unha dúbida que de seguro moitos e moitas están a ter... que pasa cos prazos de inscrición en centros, probas ou actividades que comezaran antes das medidas de confinamento?
Pois ante todo transmitirvos tranquilidade, porque todos estes prazos están automáticamente interrompidos e reaunadaranse cando remate o estado de alarma.
A medida que a Consellería facilite información irémola publicando na sección de Novas e Avisos.
Ata entón, deixo información sobre as convocatorias afectadas por esta interrupción:
Solicitude de admisión en centros (só para alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito ó seu)
|
|
| Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras |
|
| Participación en actividades formativas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e matemáticas) en lingua inglesa |
|
| Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores de Formación Profesional (só para persoas previamente inscritas e admitidas nas listaxes definitivas) A data de celebración de proba está interrompida |
|
PREME NAS IMAXES PARA ACCEDER AO PORTAL CORRESPONDENTE
Normativa consultada:
- Real Decreto 462/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19
- Disposición adicional terceira. Suspensión de plazos administrativos VER MAIS
- Instruccións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020
- Punto 1. Proceso de admisión (amplíase este plazo do 20 de marzo á semana posterior do reinicio das clases) VER MAIS
mércores, 18 de marzo de 2020
CONSELLOS DE CARA Ó CONFINAMENTO
Bo día!
No día de hoxe comparto con vos esta infografía que fixemos con consellos para soportar estes días de confinamento o mellor posible.
No día de hoxe comparto con vos esta infografía que fixemos con consellos para soportar estes días de confinamento o mellor posible.
Preme na imaxe para vela a tamaño completo
Recomendo tamén visitar este comunicado do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, que contén recomendacións para toda a poboación para afrontar o malestar psicolóxico.
martes, 17 de marzo de 2020
BENVIDA Ó BLOG DE ORIENTACIÓN DO IES CASTRO DE BARONCELI
Neste espazo iremos colgando información e recursos que esperamos sexa de utilidade para alumnado, familias e profes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Neste espazo iremos colgando información e recursos que esperamos sexa de utilidade para alumnado, familias e profes.
-
Publicada a convocatoria de prazas en centros Residenciais Docentes para cursar estudos postobrigatorios non universitarios durante o cur...
-
Bo día! Aínda que xa estamos de vacacións, no día de hoxe queremos compartir con vós información sobre o Ciclo de Formación Profesional Bás...